VIAXAMOS COAS MULLERES DO EXILIO GALEGO A... MÉXICO.

Estes proxectos foron feitos polos nenxs de 4º de Primaria. Nun primeiro momento, levouse a cabo unha busca dirixida no arquivo histórico do exilio feminino galego da USC. Na seguinte etapa fíxose unha listaxe de países a onde se exiliaron estas mulleres. E desa lista escolléronse por votación dous países para facer os proxectos. Un deles foi Francia e o outro México.

A continuación seleccionáronse algunhas mulleres que se exiliaron a eses países e os motivos que as levaron a facelo.

A continuación crearon un cartafol con toda a información  recompilada e comezaron a pescudar e descubrir aspectos sobre o país escollido. Entre eles: Superficie, poboación, tipo de goberno, relixións practicadas, gastronomía, folclore, tradicións, clima, flora, fauna ...con todo este traballo  fíxose unha presentación en forma de mural que contiña distintas maquetas e tamén algún vídeo documental.

As actividades propostas ao longo do curso foron dirixidas  a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre distintos coñecementos. O traballo foi cooperativo e cada alumnx adoptou un rol concreto e asumiu tarefas individuais que integrou o resultado final do proxecto. 


https://youtu.be/5b44VMnftH8?si=qdzUB1gW6Xmu_0op

VIAXAMOS COAS MULLERES DO EXILIO GALEGO A... MÉXICO.

Estes proxectos foron feitos polos nenxs de 4º de Primaria. Nun primeiro momento, levouse a cabo unha busca dirixida no arquivo histórico do...