PORTA VIOLETA POLO CAMBIO

 Durante o mes de novembro, cada aula da escola, escolleu unha muller galega de distintos ámbitos culturais para trocar o nome da súa aula por ese. Fíxose un traballo de investigación por parte dos cativos/as e mestres/as  no que a través de videos, libros e páxinas web buscamos aquela muller coa que se sentían máis identificados/as e plasmaron este traballo na decoración da súa porta, acompañado dun traballo bibliográfico de cadansúa muller. Esta actividade continuou cunha gravación da porta da aula e  cun tour pola escola coñecendo ás mulleres que fixeron os compañeiros/as.

Adicamos a porta de entrada da escola a Filomena Dato por ser  o nome que leva o colexio e por celebrar neste curso o 25 aniversario da súa apertura.

Obxectivo xeral: Coñecemento e divulgación da memoria histórica feminina de Galicia

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

ODS4. Educación de calidade.

ODS5 Igualdade de xénero.

ODS 10 Redución das desigualdades.
















































VIAXAMOS COAS MULLERES DO EXILIO GALEGO A... MÉXICO.

Estes proxectos foron feitos polos nenxs de 4º de Primaria. Nun primeiro momento, levouse a cabo unha busca dirixida no arquivo histórico do...