25N "NON PECHES OS OLLOS"

 Para visualizar a violencia contra as mulleres creamos o lema "non peches os ollos", cada alumno/a o dia 24 levou un parche violeta. Ese día a escola amaneceu chea de globos e cartaces con lemas a favor da igualdade, da fortaleza e do empoderamento feminista.

O alumnado de Primaria escenificou  a morte de 22 mulleres antes da lectura do manifesto, para posteriormente interpretar,entre todos,  a cantiga "A porta Violeta" de Rozalén  a ukelele xunto coas familias que quixeron acompañarnos.












PORTA VIOLETA POLO CAMBIO

 Durante o mes de novembro, cada aula da escola, escolleu unha muller galega de distintos ámbitos culturais para trocar o nome da súa aula por ese. Fíxose un traballo de investigación por parte dos cativos/as e mestres/as  no que a través de videos, libros e páxinas web buscamos aquela muller coa que se sentían máis identificados/as e plasmaron este traballo na decoración da súa porta, acompañado dun traballo bibliográfico de cadansúa muller. Esta actividade continuou cunha gravación da porta da aula e  cun tour pola escola coñecendo ás mulleres que fixeron os compañeiros/as.

Adicamos a porta de entrada da escola a Filomena Dato por ser  o nome que leva o colexio e por celebrar neste curso o 25 aniversario da súa apertura.

Obxectivo xeral: Coñecemento e divulgación da memoria histórica feminina de Galicia

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

ODS4. Educación de calidade.

ODS5 Igualdade de xénero.

ODS 10 Redución das desigualdades.
















































Filomena Dato e Rosalía de Castro. Día das bibliotecas escolares.

 Dende a biblioteca do centro, dúas mestras, escenificaron a vida, obra e legado de Filomena Dato e Rosalía de Castro. 





Día das bibliotecas escolares .

 Os nenos e nenas de 5ºB cantaron "Galicia terra meiga" de Ana Kiro.

https://youtu.be/i6WLG_O3Zco?si=h9lMZ3Lkq36ebNUw


Día das bibliotecas escolares.

O 24 de outubro os nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria, celebramos o Dias das bibliotecas escolares cunha visita ao centro de día da Valenzá. Alí renderon unha homenaxe a mulleres significativas dos distintos ámbitos culturais.

Os nenos e nenas de 4ºA cantaron a canción "Terra" das Tanxugueiras.

8 DE MARZO

 Celebramos o 8 de marzo coa lectura  e análise de libros sobre a igualdade de xénero en colaboración coa biblioteca do centro.  Así mesmo ,...