ROSALÍA DE CASTRO NAS ONDAS.

 

Neste orixinal podcast , o alumnado de terceiro ciclo do CEIP Filomena Dato entrevista a grande escritora Rosalía de Castro. Ademais de coñecer polo miúdo a súa biografía e as súas obras, tamén saberemos outras moitas curiosidades da autora, que de seguro vos resultarán ben interesantes.



OBRADOIRO ROSALÍA DE CASTRO.

 Os alumnos e alumnas do  1º ciclo do CEIP Filomena Dato levaron a cabo, ao longo da semana,  un obradoiro de actividades sobre a vida e obra da nosa poetisa máis ilustre.

https://youtube.com/shorts/krje0XLYdLk?si=7ii2AKwwYMgTZddy

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 

O EDLG do colexio Filomena Dato organizou esta xornada dedicada a Rosalía de Castro con diversas actividades entre as que se atopan o recitado da súa obra, música etc. Velaquí un vídeo desta celebración. tan especial.


https://youtu.be/Ah6NRicSjFI?si=oQzSACxgZ7mW4sdo

8 DE MARZO

 Celebramos o 8 de marzo coa lectura  e análise de libros sobre a igualdade de xénero en colaboración coa biblioteca do centro.  Así mesmo ,...