VIAXAMOS COAS MULLERES DO EXILIO GALEGO A... MÉXICO.

Estes proxectos foron feitos polos nenxs de 4º de Primaria. Nun primeiro momento, levouse a cabo unha busca dirixida no arquivo histórico do exilio feminino galego da USC. Na seguinte etapa fíxose unha listaxe de países a onde se exiliaron estas mulleres. E desa lista escolléronse por votación dous países para facer os proxectos. Un deles foi Francia e o outro México.

A continuación seleccionáronse algunhas mulleres que se exiliaron a eses países e os motivos que as levaron a facelo.

A continuación crearon un cartafol con toda a información  recompilada e comezaron a pescudar e descubrir aspectos sobre o país escollido. Entre eles: Superficie, poboación, tipo de goberno, relixións practicadas, gastronomía, folclore, tradicións, clima, flora, fauna ...con todo este traballo  fíxose unha presentación en forma de mural que contiña distintas maquetas e tamén algún vídeo documental.

As actividades propostas ao longo do curso foron dirixidas  a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre distintos coñecementos. O traballo foi cooperativo e cada alumnx adoptou un rol concreto e asumiu tarefas individuais que integrou o resultado final do proxecto. 


https://youtu.be/5b44VMnftH8?si=qdzUB1gW6Xmu_0op

TALLER LITERARIO

 Nesta actividade os alumnxs buscaron autoras relevantes e fixeron unha presentación da súa vida e das súas principais obras. Entre todos os traballos fixemos unha exposición na clase.

https://youtu.be/3foOpaE74PQ?si=dIAGU7t5epZXxj3Q

8 DE MARZO

 Celebramos o 8 de marzo coa lectura  e análise de libros sobre a igualdade de xénero en colaboración coa biblioteca do centro. 








Así mesmo , participamos no concurso de elaboración do cartel do 8 de Marzo. Presentando un cartel para a 1º categoria , realizado polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria e outro pola 2º categoría, elaborado polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria.










RECITANDO A ROSALIA DE CASTRO





 

ROSALÍA DE CASTRO NAS ONDAS.

 

Neste orixinal podcast , o alumnado de terceiro ciclo do CEIP Filomena Dato entrevista a grande escritora Rosalía de Castro. Ademais de coñecer polo miúdo a súa biografía e as súas obras, tamén saberemos outras moitas curiosidades da autora, que de seguro vos resultarán ben interesantes.



OBRADOIRO ROSALÍA DE CASTRO.

 Os alumnos e alumnas do  1º ciclo do CEIP Filomena Dato levaron a cabo, ao longo da semana,  un obradoiro de actividades sobre a vida e obra da nosa poetisa máis ilustre.

https://youtube.com/shorts/krje0XLYdLk?si=7ii2AKwwYMgTZddy

VIAXAMOS COAS MULLERES DO EXILIO GALEGO A... MÉXICO.

Estes proxectos foron feitos polos nenxs de 4º de Primaria. Nun primeiro momento, levouse a cabo unha busca dirixida no arquivo histórico do...